Volve "O Son do Camiño" o 16, 17 e 18 de xuño

Os próximos días 16, 17 e 18 de xuño volve O son do Camiño ao Monte do Gozo, sendo esta terceira edición do festival a máis esperada polo seu público.
Imaxe do público no escenario principal do festival Son do Camiño, edición 2019
photo_camera Público no escenario principal do Son do Camiño 2019

O Monte do Gozo é a sede da esperada terceira edición do festival "O Son do Camino"

Os próximos días 16, 17 e 18 de xuño volve "O Son do Camiño" ao Monte do Gozo, sendo esta terceira edición do festival a máis esperada polo seu público. Con motivo da pandemia pola SARS-CoV-19, a edición do ano 2020 tivo que verse aprazada ata este ano 2022, onde a situación sanitaria permite a celebración deste tipo de eventos.

A volta do festival

Foron moitos os problemas derivados das restriccións dos dous anos anteriores. Entre eles a cancelación de grandes artistas internacionais como Bad Bunny ou Daddy Yankee, a devolución de entradas por parte do público por cambios de data ou os cambios na axenda do ano Xacobeo.

Con todo, este ano O Son do Camiño volve máis forte ca nunca e co apoio incondicional da xente e dos artistas. Por iso, esperamos que esta edición estea cargada de enerxía positiva, moita e moi boa música, e que volva ese ambiente que fai vibrar ata o último recuncho do Monte do Gozo.

Cartel do Son do Camiño 2022
Cartel do Son do Camiño 2022

O cartel desta edición acolle a moitos e moitas artistas de calado internacional, nacional e do ámbito da música galega máis punteira do momento:

  • Internacional: Neste ámbito esperamos actuacións de grandes de diversos xéneros. The Chemical Brothers, Tïesto (electrónica y dance), Liam Gallagher, Foals (rock/indie), Anuel AA, Sebastian Yatra (Reggaeton), Nathy Peluso ou Nicki Nicole.
  • Nacional: Do Rap ao Pop, pasando polo máis indie do panorama español como Kase.O, Rayden, Dani Martín y Dani Fernández, Rigoberta Bandini, Carolina Durante, La M.O.D.A, Carlos Sadness ou C.Tangana.
  • Galego: Tanto os de sempre coma as novas promesas que levan anos demostrando o seu talento. Guadi Galego, Budiño, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies, Wöyza, Furious Monkey House, Sen Senra, Boyanka Kostova ou Kings of The Beach

E moitos máis artistas que poderedes consultar na páxina web do festival.Esperamos vervos disfrutar desta nova edición como disfrutamos da última, que non foi pouco...

Concierto Dimitri Vegas 2019 Son do Camiño
Concerto de Dimitri Vegas no 2019

Concerto de Shinova no 2019

Entrada recinto Son do Camiño 2019
Entrada luminosa ao recinto do Son do Camiño 2019