viernes, mayo 27, 2022
  • Sobre nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
  • Login
✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
Sin Prensa
Toda la prensa
E Diario de Arteixo
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Más noticias Economía

O goberno galego activa una achega de preto de 24,5 millóns para autónomos

enero 16, 2020
in Economía, Más noticias
0
O goberno galego activa una achega de preto de 24,5 millóns para autónomos
5
COMPARTIDA
93
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que a Xunta activará nas próximas semanas axudas por preto de 24,5 M€ para axudar as persoas que traballan por conta propia a consolidar os seus negocios, crear emprego e conciliar a vida familiar e laboral.

Logo de precisar que, en total, con estas medidas poderanse beneficiar máis de 7.000 autónomos e traballadores e arredor de 545 empresas, Feijóo destacou a posta en marcha do bono de Nova Oportunidade, que concederá ata 12.000 euros a persoas que estiveron á fronte de iniciativas que non foron adiante para que volvan emprender.

O Bono Renova busca facilitar o traspaso dos negocios e impulsar a transmisión xeracional con axudas dende 5.000 ata 29.000 euros. Por outra banda, e a través dun acordo de colaboración coa Fundación Ronsel, desenvolverase un proxecto piloto de mentoring para autónomos.

En relación ás iniciativas que xa se puxeron en marcha anteriormente e que se volven convocar, Feijóo referiuse ás axudas para impulsar o emprego autónomo e apoiar a consolidación do existente. Unha nova convocatoria á que se destinarán 13,6 millóns de euros, coa previsión de beneficiar a 4.000 autónomos e 125 empresas.

Novas iniciativas empresariais

O obxectivo é facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais, para o que se establecerán incentivos de 2.000 euros para apoiar o inicio da actividade dos autónomos, duplicándose a contía ata os 4.000 euros para os menores de 30 anos, os parados de longa duración e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Esta mesma convocatoria incluirá tamén axudas para que os autónomos poidan contratar de xeito indefinido a traballadores.

Tanto nas axudas para os autónomos que se dan de alta como para os que realizan contratacións, as contías das axudas increméntanse nun 25% extra en cada un dos seguintes casos: se a persoa incorporada é unha muller, un emigrante retornado, un maior de 45 anos ou no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural. Polo tanto, “o máximo das axudas se move entre 9.000 e 20.000 euros por autónomo”, incidiu Feijóo.

Conciliación familiar e laboral

Ademais de medidas no ámbito da conciliación por maternidade e paternidade, para facilitar a compatibilidade da vida familiar e laboral, Feijóo destacou a posta en marcha do programa para apoiar a consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

A través desta iniciativa impulsarase, por unha banda, o fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, con axudas de ata 186.000 euros. E, por outra banda, e co obxectivo de dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria, as iniciativas de emprego de base tecnolóxica contarán con axudas de ata 64.500 euros en función do proxecto.

O Bono Autónomo ten como obxectivo apoiar na súa consolidación aos emprendedores que leven máis de 42 meses de traxectoria. E contará con dúas liñas de axudas que poden chegar ata 3.000 euros por beneficiario. Ademais, activarase unha convocatoria para apoiar o movemento asociativo das persoas traballadoras autónomas, con axudas de ata 55.000 euros por entidade.

O presidente do Goberno galego concluíu subliñando que estas medidas forman parte da Estratexia do Autónomo 2020 e incidiu en que Galicia é un referente cando se fala de consolidación, xa que o 73,9% dos autónomos leva máis de 3 anos, 6 puntos por enriba da media estatal (67,9%).

Noticias Relacionadas

Tags: Xunta de Galicia
⬅ Noticia Anterior

Paula Otero compite en el Open de Ginebra desde hoy y hasta el domingo

Siguiente Noticia ➡️

Concentración do BNG polo medio ambiente en Arteixo

Redacción El Diario de Arteixo

Redacción El Diario de Arteixo

Siguiente Noticia ➡️
Socialistas de Arteixo se solidarizan con vecinos y comerciantes locales

Concentración do BNG polo medio ambiente en Arteixo

Deja un comentario: Cancelar respuesta

El Diario de Arteixo

  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Salud
  • Deportes

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de Arteixo en Youtube
  • El Diario de A Laracha

Contacto

  • Contacto con redacción
  • Envío de videos y fotos
  • Contratar publicidad
  • Teléfonos de Interés do Concello
  • Arteixo Hoy
  • Noticias de Arteixo
  • Noticias de Armentón
  • Noticias de Barrañán
  • Noticias de Lañas
  • Noticias de Larín
  • Noticias de Loureda
  • Noticias de Meicende
  • Noticias de Monteagudo
  • Noticias de Morás
  • Noticias de Oseiro
  • Noticias de Pastoriza
  • Noticias de Sorrizo
  • Noticias de Suevos
  • Noticias de Villarrodís
  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Salud
  • Más noticias
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Arteixo
  • Cultura
  • Economía
  • Ocio
  • Galicia
  • Video
  • Noticiero
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Concello de A Laracha
    • Xunta de Galicia
    • Galicia
    • Economía
    • Cultura
    • Salud
    • Ocio
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Utilizamos cookies para darte la mejor experiencia en nuestro periódico.

Puedes informarte más sobre las que utilizamos en El Diario de Arteixo o desactivarlas en los AJUSTES.

✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de periódico posible. La información se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del periódico encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies