
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comunicou o 22 de febreiro de 2018 aos concellos implicados na 2ª fase do Plan de acceso dos autobuses interurbano ao centro da Coruña os novos horarios que entran en servizo o luns 26 de febreiro. Neste enlace pódense consultar os novos horarios: https://goo.gl/uFszYB
Os concellos implicados son os de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Laracha, Carballo, Cambre, Betanzos, Oza- Cesuras, Curtis e Abegondo.
O obxectivo desta iniciativa é facilitar os desprazamentos aos usuarios grazas a un maior número de liñas que poidan ter acceso todos os días e durante todo o día ao centro urbano da Coruña. A 1ª fase do plan xa posibilitou que nos tres meses de funcionamento un decada tres desprazamentos que entran ou saen da Coruña usaran as novas paradas do centro.
Discussion about this post