Novo Campionato interprovincial escolar de Kung Fu

O sábado 4 de maio celebrarase no Pazo dos Deportes o "CAMPIONATO INTERPROVINCIAL ESCOLAR DE KUNG FU", en horario de 18.00 a  19.30 h.

O evento está organizado pola AD Arteixo e a Federación Galega de Kung Fu en colaboración co Concello de Arteixo, e participarán uns 300 deportistas das categorías Alevín e Infantil, procedentes de A Coruña, Lugo e Ourense.

A este evento poderá asistir a velo calquera co desexe xa que a entrada é totalmente gratuíta.

Más en Deportes