O Concello pon en marcha un servicio de mediación

A Concelleria de Servizos Sociais do concello de Arteixo pon en marcha os Programas de  Mediación e de Asesoría Xuridico social. “A mediación é una forma flexible  de resolución de conflictos,  que permite que as partes en disputa, unha solución previa o que houbera constituido un litixio. A mediación ofrece ás partes unha oportunidade de gañar unha maior compresión  do seu conflicto, e limitar o coste tanto en tempo como en cartos”, señala Inés Ramos, Concelleira de Servizos Sociais e Área de Benestar Comunitario. “O que pretendemos e implantar una forma eficaz de resolución de conflictos”, engadiu. 

E cando non sexa posible a mediación, os interesados podrán informarse a través da asesoría xuridica, que o seu obxetivo é proporcionar un asesoramiento,  una orientación e una información relacionada con trámites xuridicos,  procedementos legáis,  procesos de separación e divorcio,  acceso a xustiza gratuita, arrendamientos,  filiacións e declaracións de incapacidades, dereito do estado das persoas,  recursos administrativos…

Para acceder a estes servizos hai que solicitar cita previa á traballadora social dos servizos sociais comunitarios quen, tras a entrevista,  valorará a conveniencia ou non de derivar a consulta a este servicio,  a través de un protocolo onde se recoge a situación de esa persoa e motivos da consulta. 

Os profesionais que prestan este sevizo (licenciados en dereito e formación
especializa en mediación) acuden nuns días determinados do mes ó edificio de Servizos sociais para atender ás personas que sexan derivadas.