O Ponte dos Brozos galardonado en Madrid polo seu proxecto a favor da compensación de desilgualdades

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou ao CEIP Ponte Dos Brozos de Arteixo na recepción do primeiro premio de carácter estatal, para o ano 2012, para centros docentes que desenvolvan boas prácticas dirixidas á compensación do alumnado que se atopa en ámbitos sociais desfavorables. A entrega do galardón, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e dotado cun importe de 10.000 euros, foi celebrada esta mañá na Biblioteca Nacional de Madrid e presidida pola secretaria de Estado de...

ponte-brozos-madridA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou ao CEIP Ponte Dos Brozos de Arteixo na recepción do primeiro premio de carácter estatal, para o ano 2012, para centros docentes que desenvolvan boas prácticas dirixidas á compensación do alumnado que se atopa en ámbitos sociais desfavorables. A entrega do galardón, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e dotado cun importe de 10.000 euros, foi celebrada esta mañá na Biblioteca Nacional de Madrid e presidida pola secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Montserrat Gomendio. Ademais o acto contou coa presenza do director xeral de Educación, Formación Personal e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira; e o equipo do CEIP ‘Ponte Dos Brozos’, conformado polo director do centro, Javier Díaz López, a redactora do proxecto, Laura Rodríguez Calderón, e o coordinador  TIC, Fernando Moreno González.

O éxito do colexio ‘Ponte Dos Brozos’ que o fixo acredor ao premio do Ministerio, débese ao seu Grupo de Innovación Educativa que vén traballando desde fai anos na aplicación educativa do iPad. En concreto, o Grupo de Adquisición de Linguas (GAL) do colexio é o responsable do traballo ‘Español con iPad para alumnado estranxeiro’. A aplicación deste sistema converteuse nunha ferramenta imprescindible no 2º ciclo de Educación Primaria, nas aulas de Inglés e Música e nos ‘rincóns iPad’ das aulas de Educación Infantil.

Deste xeito, o CEIP ‘Ponte Dos Brozos’ é consciente das posibilidades para a compensación de desigualdades que achegan as novas tecnoloxías na aula. Pola súa accesibilidade e pola aprendizaxe dun uso útil e responsable das mesmas. Este sistema ponse ao servizo do alumnado estranxeiro, unha realidade no CEIP que conta xa con máis de dez anos. A través da presentación deste proxecto de compensación de desigualdades mediante novas tecnoloxías, o CEIP ‘Ponte Dos Brozos’ difunde un traballo innovador que acada excelentes resultados.

Proxecto ‘Ponte Dos Brozos’

A aplicación educativa do iPad para combater as desigualdades do alumnado ten a súa orixe no Proxecto Ponte Dos Brozos. Esta iniciativa é unha experiencia de incorporación global e integral das tecnoloxías da información e a comunicación no sector da ensinanza pública.

O proxecto nace en xaneiro de 2002 en virtude dun convenio establecido entre a Consellería de Educación e a Fundación Amancio Ortega. Hoxe en día o proxecto engloba multitude de actuacións a favor da educación tendo sempre como medio as novas tecnoloxías. Entre as súas facetas destacan o mantemento da tecnoloxía introducida na aula durante once anos -conservando o que ao longo dos anos e estudios cumpre os principais requisitos pedagóxicos-, a experimentación das novas tecnoloxías que cada ano son diferentes no ámbito educativo -a convivencia de iPad e ordenadores-, e o apoio aos equipos de coordinación docente na súa actividade -o Equipo de Convivencia e o Departamento de Orientación na inclusión educativa dos alumnos a través das TIC-.