O PSOE solicita ao goberno melloras das pistas deportivas de Chamín

O PSOE solicita a adecuación das pistas deportivas xa que “dende o pasado 5 de agosto a zona de Chamín-Santaia encóntrase "nunha situación de abandono"

O PSOE solicita ao goberno de Arteixo a reparación e adecuación das pistas deportivas de Chamín, xa que “dende -como mínimo- o pasado 5 de agosto a zona de Chamín-Santaia encóntrase nunha situación de abandono e falta de mantemento. As deficiencias son de certa entidade, pois afectan directamente ás posibilidades de uso da instalación, reducíndoas ou dificultándoas”, dixeron.

O Partido Socialista de Arteixo considera que “a veciñanza

debe dispoñer de instalacións deportivas públicas nas mellores condicións para

fomentar tanto un estilo de vida saudable como un ocio alternativo para a xente

xoven, así como un perfecto estado de revista para os turistas”.

“Por todo iso, xa solicitamos por rexistro a súa reparación e mellora urxente nas pistas deportivas de Chamín, nos seguintes puntos: instalación correcta das mesas de pícnic, mantemento e mellora da zona verde, substitución das redes de protección exterior, de porterías e de canastas, substitución das madeiras e demais elementos faltantes, así como mantemento das mesmas”, finalizan.