Simón López, novo secretario xeral do PSOE de Arteixo

O novo Secretario Xeral do PSOE de Arteixo, Simón López, recén elexido na Asamblea Local comeza a dar os primeiros pasos no seu novo cargo. Con só 21 anos, este arteixán busca unha renovación política e “abrir o partido a cidadanía”.

A inquedanza pola participación na vida pública xa viña de lonxe. Con 12 anos integrouse no consello escolar do seu instituto. Agora, está na vida política para “facer que a vida da sociedade poida mellorar”. Estudante e traballador na empresa familiar, estará na política, alí onde o sitúen os seus compañeiros ata que “non teña nada que aportar.

Como ve a política a xente nova?

Pola crise e os casos de corrupción, a xente está cansada e farta de ver como a política en lugar de ofrecerlle solucións, créalle problemas. Tamén farta de ver que ningún partido ten un proxecto claro para o país ou o concello. A mocidade, cando entrei en política no 2015, apartou a política da súa vida. A situación agora está mellorando un pouco. Hai xente que ten intención de participar en partidos de nova creación, xente, como sempre, a que non lle interesa e pouca xente que se interese polos partidos tradicionais como PSOE e PP.

Cales serán os puntos fortes de traballo nesta nova etapa?

Os puntos básicos son conseguir abrir o partido a cidadania e intentar ofrecer o mellor proxecto para as eleccións municipais. Moitos problemas no ámbito do partido veñen derivados de que non deixamos participar a xente o suficiente. Se tiveramos máis contacto coa sociedade, moitas das cousas que nos dan malos resultados electorais, correxirianse por si mesmas.

Apuntas que un dos piares será traballar en prol da igualdade, que opinas da folga feminista do 8 de Marzo?

É unha situación complexa. O sindicato UGT aconsella facer folga dúas horas e outros como CIG, de xornada completa.Sen entrar niso, as mulleres teñen que comezar a reivindicar con feitos o seu papel na sociedade. Non pode ser que exista unha fenda de salario polo mero feito de ter outro sexo. Os homes tamén deberiamos participar e tratar de cambialo con feitos. As cousas conséguense loitando e moitas veces a mocidade parece que non arranca.

Que enfoque se debería dar para mellorar a calidade de traballo na mocidade?

A formación da xente nova, en xeral, é das mellores dos últimos anos pero esa formación tense que ver reflexada nas empresas. A Formación Profesional dual é boísima xa que tomas contacto co mundo laboral. Os plans de estudos das Universidades están feitos para outra épocae hai unha desconexión coas empresas. O concello ten que traballar cos centros educativos e axentes sociais.  Non temos ningunha formación relacionada co sector textil e as axudas para contratación non están conectadas coa realidade.

Cales son os problemas reais da cidadanía de Arteixo, o teu entender?

Hai moitas cousas a mellorar. O goberno comezou con moita ilusión. A primeira lexislatura foi potente pero esa ilusión estase acabando. É un goberno do S.XX,sen ningunha innovación. Fan o mesmo que se poderia facer neste concell hai 40 anos. Sabe facer o bras pero despois cústalle mantelas. Ten procesos de contratación dudosos e nos concursos non premia a calidade nin as boas condicións laborais. Levamos oito anos de goberno e non hai Plan Xeral, hai zonas olvidadas o mo A Maceira ou Candame, rúas sen saída,… Unha residencia de ancianos que non comezou a funcionar ou un medio ambiente descoidado.

Facedes algunha autocritica dos últimos anos do PSOE?

O goberno en coalición de PSOE e TEGA foi moi complexo, con dificultades derivadas do bipartito. Fíxose o pavillón municipal, o centro de día de maiores, o anfiteatro,… pero non se soubo comunicar. Noutros aspectos houbo certa mala práctica a nivel político, por exemplo, o centro de Arteixo non estaba moi coidado. O resultado do goberno non foi o que debería ter sido e isofixo que o PP tomara a dianteira. Nasúltimaseleccións, melloráronse os resultados e consolidámonos como oposición. Era un escenario complexo, con incertidume política e novos partidos pero para ese escenario, o resultado foi bo. Agora, hai que renovar o programa e patear a rúa e falar coa xente.

Miriam Cancela / Arteixo