Magosto na Praza do Balneario o xoves 31 dende as 6 da tarde

Será o xoves 31 de outubro a partir das seis da tarde na Praza do Balneario e, coma sempre, non faltarán as tradicionais castañas asadas

A Praza do Balneario é o lugar escollido para celebrar, un ano máis, o tradicional Magosto, a festa máis recoñecible do outono. Será o xoves 31 de outubro a partir das seis da tarde e, coma sempre, non faltarán as tradicionais castañas asadas, os xogos da rapazada, cantigas ou as caras ciscadas das persoas asistentes.

Acompañará este evento as actuacións dos coruñeses "Pan sen Fron" e os bercianos "Bandina de los Fuérganos". A cita, como en edicións anteriores, nace da colaboración entre o concello de Arteixo e o de Balboa en León, moi preto de Pedrafita do Cebreiro. A Praza do Balneario é Magosto.