Presentado o Programa Natureza e Deporte 2019

O Servizo Municipal de Deportes presenta o Programa Natureza e Deporte 2019, un programa renovado no que se ofertan máis de 500 prazas de actividades deportivas dirixidas a todas as idades. Este programa ten como obxectivo principal promocionar hábitos de vida saudables a través da actividade fí­sica en entornos naturais .

Como novidades plantéxanse as seguintes actividades:

  • Talleres de novas tendencias de deporte e saúde
  • Curso de iniciación á actividade física no medio natural
  • Xornada de multiaventura (rafting e paintball)
  • Cursos de iniciación ao Golf
  • Rutas de senderismo pola Ribeira Sacra

Haberá un período de inscrición específico para cada unha das actividades, no que se terá que cubrir un impreso e entregalo nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes persoalmente ou por mail na dirección [email protected]. O impreso poderá recollerse no Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org.

Inscrición directa por orde de solicitude, con preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo.

Pódese efectuar o pago do prezo público (unha vez emitida a carta de pagamento polo Servizo Municipal de Deportes) nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

Más en Deportes