Qué sabes do novo hospital coruñés?

O novo hospital da Coruña forma parte dunha actuación encamiñada a actuar en toda a área e que inclúe renovar Abente y Lago e Oza.
Feijoo presenta o novo hospital coruñés
photo_camera Feijoo presenta o novo hospital coruñés

Alberto Núñez Feijóo, presidente do Goberno galego, comprometeu o 29 de xaneiro, a licitación neste 2020 do proxecto construtivo do novo Hospital Público da Coruña. A nova edificación contará co dobre de superficie:

  • máis de 200.000 metros cadrados para contar cun 108% máis de postos en urxencias,
  • cun 49% máis de consultas,
  • cun 30% máis de quirófanos;
  • cun 15% máis de camas, das que o 55% serán individuais;
  • e cun 90% máis de postos de hospital de día.

Tamén anunciou que no 2020 licitaranse e adxudicaranse as obras de remodelación das antigas urxencias; licitarase o proxecto construtivo de toda a actuación e darase resposta ao un novo edificio de hospitalización singular.

A ubicación definitiva é ao carón do CHUAC e levarase a cabo á expropiación dos máis de 30.000 m2 que se necesitan para a ampliación dos viais, as obras de abastacemento, saneamento e eléctricas que conleva o proxecto.

Na nova actuación a infraestrutura contará cun investimento de 395 millóns de euros, que se sumarán aos 100 millóns de euros que xa se investiron para renovar o 70% do hospital actual.

Ademais o novo hospital responderá ás dúas prioridades marcadas cando se iniciou o proxecto:

  • seguir mellorando a sanidade pública da Coruña, dando resposta ao incremento de demanda que se prevé no futuro;
  • e seguir mellorando a Sanidade pública no seu conxunto.

Por outra banda, a edificación contará ademais cun edificio de investigación e de innovación que dará respaldo docente a comunidade universitaria.

Renovación do Abente y Lago e Oza

O novo proxecto forma parte dunha actuación completa encamiñada a actuar en toda a área e que inclúe o compromiso de renovar o Abente y Lago e o Hospital de Oza, cun investimento total de máis de 12 millóns de euros.

Más en Salud y Medicina Hoy