Sexta fase do Plan de Conservación de Vías

A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Conservación de Vías Provinciais investirá 629.316,76 euros en melloras nas estradas da provincia...

Foto: quetiempo.es

A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Conservación de Vías Provinciais investirá 629.316,76 euros en melloras nas estradas da provincia.

Trátase da sexta fase deste plan, que nesta ocasión inclúe unha obra no municipio de Moeche, na estrada DP 4909. O proxecto contempla a renovación da sinalización co pintado do eixo da estrada, beiravías e símbolos de velocidade, ademais de pasos de cebra e a instalación de sinais verticais que inclúen paneis direccionais. O orzamento para este proxecto é de 304.282,64 euros.

Por outra banda, na comarca da Coruña, reforzarase o firme da DP 0105 de Cortiñán a Vialcoba do punto quilométrico 0 ao 5,780. Polo tanto, beneficiará aos concellos de Bergondo, Betanzos e Abegondo. O orzamento neste caso é de 325.034,12 euros.