jueves, enero 21, 2021
  • Sobre nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
  • Login
✅ El Diario de Arteixo | Noticias y Entrevistas de actualidad
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Cultura
    • Economía
    • Galicia
    • Ocio
    • Salud
    • Xunta de Galicia
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Cultura
    • Economía
    • Galicia
    • Ocio
    • Salud
    • Xunta de Galicia
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa
Sin Prensa
Toda la prensa
E Diario de Arteixo
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Arteixo Noticias de Arteixo

Galicia é a primeira comunidade en ofertar a vacina tetravalente celular fronte á gripe

octubre 3, 2019
in Noticias de Arteixo
0
Galicia é a primeira comunidade en ofertar a vacina tetravalente celular fronte á gripe
3
COMPARTIDA
37
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Consellería de Sanidade ofrecerá a vacinación fronte á gripe de xeito continuado ao longo de 11 semanas (unha máis que na campaña anterior), en arredor de 900 puntos de vacinación de todo o territorio galego. A campaña comenzará o 14 de outubro e rematará o 27 de decembro. Así o manifestou hoxe o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez, na presentación da campaña de vacinación antigripal 2019, onde remarcou que o departamento sanitario ofrece á poboación galega as mellores vacinas dispoñibles no mercado, con maiores expectativas de eficacia e de protección fronte ao virus da gripe. De feito, Galicia será a primeira autonomía en administrar nesta campaña, e tamén por primeira vez, unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos, con factores de risco. Sanidade cumpre así cun dos obxectivos marcados no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, aprobado en maio pasado. En total, Sanidade adquiriu 615.000 doses de vacinas antigripais (7.000 máis que en 2018), e destinou un orzamento de 3.466.632 €, 1.283.412 € máis que no ano 2018, o que supón un incremento de preto do 59%.

“Só coñecemos, de momento, tres autonomías, ademais da galega, que ofrecerán a vacina tetravalente á poboación en risco entre os 6 meses e os 64 anos: Castela e León, Asturias e Canarias, se ben estas empregarán só a tetravalente de cultivo en ovo”, afirmou Paz-Ares Rodríguez. Galicia é, de momento, a única comunidade que utilizará de forma diferencial a vacina tetravalente celular no grupo de idade con factores de risco de 15 a 64 anos, á que se lle supón unha importante maior eficacia con respecto á citada anteriormente, segundo estudos recentes.

O director xeral de Saúde Pública destacou que este ano administraranse por unha banda as vacinas antigripais tetravalentes á poboación en risco entre os 6 meses e os 64 anos. Estas vacinas conteñen ademais das 3 cepas habituais unha cepa a maiores do virus B, co que a priori, aumentan a protección. Doutra banda, utilizarase a vacina trivalente adxuvada, con maior poderinmunoxénico e unha resposta inmune máis potente.

Deste xeito, nesta campaña de 2019 empregaranse 3 tipos de vacinas: a vacina tetravalente de cultivo en ovo, que pode ser utilizada na poboación infantil, con patoloxía de base, de 6 meses de idade ata os 14 anos; a vacina tetravalente de cultivo celular, que se empregará por primeira vez para as persoas con factores de risco de 15 a 64 anos, e tamén está indicada para embarazadas; e a vacina trivalente adxuvada, para todas as persoas de 65 anos ou máis ingresados en residencias ou non e que se corresponde co grupo de persoas con maior risco de complicacións. Esta ampliación de idade nesta última vacina significa un incremento do 72% de doses con respecto ao ano pasado. Todos os centros disporán dos tres tipos de vacinas.

Do total das 615.000 doses de vacinas antigripais adquiridas, 20.000 corresponden a tetravalente de cultivo en ovo, 165.000 á tetravalente de cultivo celular e 430.000 doses son de vacina trivalente adxuvada (180.000 doses mais que o ano pasado).

Outras das novidades salientables da campaña 2019, en canto á poboación diana, é a inclusión como grupo de risco aos nenos de entres 6 meses de idade que naceran prematuros (con menos de 32 semanas de xestación) e a incorporación explícita das persoas con trastornos da coagulación.

Sanidade mantén a indicación prioritaria desta vacinación no persoal sanitario do Sergas, por segundo ano consecutivo e tras a boa aceptación que tivo esta iniciativa en 2018, ofertando a posibilidade de vacinarse, de forma exclusiva, unha semana antes do comezo da campaña xeral, é dicir, o 7 de outubro. Deste xeito, o persoal pode afrontar o inicio da campaña de vacinación xa protexido fronte á gripe, evitando o risco de transmisión aos seus pacientes. Como novidade, o departamento sanitario amplía esta oferta aos profesionais dos centros hospitalarios privados.

Como xa sucedera tamén durante a campaña antigripal de 2018, repartiranse unhas chapas co lema Eu vacineime. E ti?  para singularizar ao persoal sanitario vacinado.

Poboación diana e obxectivos específicos

A vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 anos ou máis anos, residente en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico (AAS) nenos de 6 meses a 2 anos de idade que naceran prematuros e tamén para aquelas persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñan a padecer complicacións derivadas da gripe. Ademais, ofértase a persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade.

A vacina antigripal non só evita casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta a enfermidade e o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe.

Os obxectivos específicos son acadar unha cobertura na poboación de 60 a 64 igual ou superior ao 35%; conseguir unha cobertura na poboación de 65 anos ou máis anos igual ou superior ao 65%, acadar unha cobertura igual ou superior ao 50% (10 puntos máis que en 2018) nos traballadores sanitarios do Sergas e igual ou superior ao 55% (15 puntos máis que na pasada campaña) nas mulleres embarazadas.

Loxística da campaña

Como en anos anteriores, a Consellería de Sanidade terá activa unha web temática da gripe como principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualizada toda a información técnica e os datos de evolución da campaña.

Así mesmo, todos os usuarios da aplicación informática VACGAL recibirán os avisos do inicio da campaña. E os profesionais sanitarios (médicos e persoal de enfermería) contarán con informes mensuais sobre a cobertura de vacinación antigripal por cupo, que lles permitirá dispoñer de información personalizada.

A partir da cuarta semana da campaña, tamén se desenvolverá o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa ou SMS. Os profesionais de enfermería chamarán á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina a esa altura da campaña ou tamén se avisará por SMS ás persoas maiores de 65 anos, que o SERGAS teña o seu telefono rexistrado. Tamén se establecerán axendas de citación especial para vacinación e realizarase a vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio.

Noticias Relacionadas

Tags: Arteixogalicia
⬅ Noticia Anterior

La Refinería recibe el primer gran equipo de los tres proyectos medioambientales en curso

Siguiente Noticia ➡️

Carlos Calvelo declara en la Audiencia Nacional

Redacción El Diario de Arteixo

Redacción El Diario de Arteixo

Siguiente Noticia ➡️
Carlos Calvelo declara en la Audiencia Nacional

Carlos Calvelo declara en la Audiencia Nacional

Discussion about this post

El Diario de Arteixo

  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Salud
  • Deportes

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de Arteixo en Youtube
  • El Diario de A Laracha

Contacto

  • Contacto con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • Arteixo Hoy
  • Noticias de Arteixo
  • Noticias de Armentón
  • Noticias de Barrañán
  • Noticias de Lañas
  • Noticias de Larín
  • Noticias de Loureda
  • Noticias de Meicende
  • Noticias de Monteagudo
  • Noticias de Morás
  • Noticias de Oseiro
  • Noticias de Pastoriza
  • Noticias de Sorrizo
  • Noticias de Suevos
  • Noticias de Villarrodís
  • En portada
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Salud
  • Más noticias
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Arteixo
  • Cultura
  • Economía
  • Ocio
  • Galicia
  • Video
  • Noticiero
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En portada
  • Arteixo
    • Noticias de Arteixo
    • Noticias de Pastoriza
    • Noticias de Meicende
    • Noticias de Oseiro
    • Noticias de Morás
    • Noticias de Barrañán
    • Noticias de Suevos
    • Noticias de Sorrizo
    • Noticias de Lañas
    • Noticias de Larín
    • Noticias de Armentón
    • Noticias de Monteagudo
    • Noticias de Loureda
    • Noticias de Villarrodís
  • Entrevistas
  • EMPRESAS +
  • Sociedad
  • Política
  • Deportes
  • Más noticias
    • Concello de Arteixo
    • Cultura
    • Economía
    • Galicia
    • Ocio
    • Salud
    • Xunta de Galicia
  • Contacto
    • Contratar Publicidad Prensa

Edita En Página Impar | © El Diario de Arteixo | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad  | Política de Cookies   © 2020 Created by Apeon

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Utilizamos cookies para darte la mejor experiencia en nuestro periódico.

Puedes informarte más sobre las que utilizamos en El Diario de Arteixo o desactivarlas en los AJUSTES.

El Diario de Arteixo | Noticias y entrevistas de actualidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de periódico posible. La información se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del periódico encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies