Mozos e mozas de Arteixo "Deseñando o teu futuro"

A concellaria de Servizos Sociais de Arteixo ven de presentar o proxecto "Deseñando o teu futuro" que persigue a implementación de proxectos con xóvenes para realizar estadías en empresas e que así poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesional.

O concello invitou os centros educativos de ESO de Arteixo para a participación no proxecto que contará con alumnos do IES Manuel Murguía, IES Pastoriza, IES de Sabón e co CPR Agarimo.

Dende cada un destes centros realizarán unha proposta de derivación de alumnos e alumnas que encaixarían no proxecto priorizando aos que precisan dese achegamento á empresas para a toma de decisión ou ben para manter a motivación para a continuidade dos seus estudos.

A concelleira de Servicios Sociais de Arteixo, Inés Ramos, sinala que “é moi importante que en certas idades un poida tomar a decisión de dirixir os seus pasos hacia un horizonte profesional concreto, e este programa persegue que os mozos teñan máis informació sobre en qué consiste a actividade das diferentes empresas para así poder elixir”.