Obras entre Pastoriza e Vilarrodís

As obras entre Pastoriza e Vilarrodís contan cun investimento de 150.000 euros. Aclarar que esta intervención da Xunta forma parte dunha actuación...
obras en arteixo, en pastoriza e vilarrodís
photo_camera Foto: wikipedia

As obras entre Pastoriza e Vilarrodís contan cun investimento de 150.000 euros.

Segundo o proxecto das obras entre Pastoriza e Vilarrodís, a intervención comezará na travesía da Maceira. Desde o punto quilométrico 5+280 ata o 5+330, onde se prevé executar unha senda de formigón de 2 metros de ancho. Irá separada do carril de vehículos mediante bordo. Para contar co espazo necesario para a senda, a vía actual ampliarase cara ao noiro existente na marxe dereita da AC-552, grazas a un novo muro de mampostería.

Neste sentido, a consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu 2 ofertas de empresas para executar as obras dun treito de senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-552, entre Pastoriza e Vilarrodís.

Así a Xunta destinará un investimento de máis de 150.000 euros, incluíndo o pagamento dos predios necesarios para a execución da intervención de mellora da seguridade viaria e de promoción da mobilidade sustentable.

Ademais mediante este contrato, definirase un treito de senda que posibilitará a circulación a pé ao longo desta vía autonómica, coa execución dun itinerario peonil continuo, o reforzo do firme da vía existente e outras actuacións de reforzo da seguridade viaria.

Tamén actuarase no treito da vía autonómica situado entre os puntos quilométricos 5+280 e 5+410, que coincide cunha intersección, reformulando a propia intersección para maior seguridade viaria e habilitando o espazo para o encaixe da senda.

Aclarar que esta intervención da Xunta forma parte dunha actuación máis ampla de mellora da mobilidade peonil entre Pastoriza e Vilarrodís. En sentido Arteixo hai un camiño paralelo á estrada, que xa poden percorrer os peóns; e en sentido Pastoriza dotarase dunha beiravía protexida con balizas, que será obxecto dunha actuación posterior de mellora.