O Psoe non apoia o novo proxecto do centro social de Vilarrodís

No próximo pleno, o Grupo Municipal Socialista vai preguntar polas razóns que levaron a modificar o emprazamento do proxecto
Psoe Arteixo en la zona do novo proxecto do centro social en Vilarrodís
photo_camera Concelleiros do Psoe visitaron a zona do novo proxecto do centro social de Vilarrodís

No próximo pleno os socialistas preguntarán polas razones do cambio de proxecto

O proxecto inicial do novo centro social de Vilarrodís contemplaba a construción deste equipamento nunha parcela situada fronte ao centro educativo. Por iso, os socialistas consideran que o novo emprazamento anunciado recentemente "non é o máis acaído para unha infraestrutura demandada dende hai tempo". O portavoz da formación, Simón López, considera tamén que “as necesidades operativas do centro educativo e as especificacións técnicas que se esixen para o equipamento poderían condicionar o funcionamento de ambas instalacións”. No próximo pleno, o Grupo Municipal Socialista vai preguntar polas razóns que levaron a modificar o emprazamento das instalacións.