Retoman as actuacións do parque entre as rúas Uruguay e República Dominicana

Os concelleiros nacionalistas insistiron no pleno de abril "na necesidade de completar as actuacións na contorna das rúas Uruguay e República Dominicana"
BNG pide actuacións de mellora en distintos puntos de Arteixo
photo_camera Actuacións para mellorar parque no concello de Arteixo

Os concelleiros do BNG de Arteixo insistiron no pasado pleno de febreiro e abril sobre retomar as actuacións

Os concelleiros nacionalistas insistiron no pasado pleno de febreiro "na necesidade de completar as actuacións que consistían en ampliar o parque con xogos infantís e incluír máis mobiliario urbano para o desfrute da veciñanza". E, de novo, a formación preguntou na sesión plenaria de abril "se o goberno local tiña pensado retomar as obras", explica o candidato do BNG de Arteixo, Xurxo Couto.

"A veciñanza da contorna das rúas Uruguay e República Dominicana -en Arteixo- leva máis de dous anos esperando por un parque. Por fin, as máquinas volveron a este espazo para concluír os traballos", engade.

Obras en Pastoriza

Por outra banda, o BNG Arteixo reclama que se rematen as obras nas rúas Félix Rodríguez de la Fuente e Jacques Cousteau, en Pastoriza, contratadas en 2022 e que debían ter rematado en sete meses. A actuación "leva paralizada semanas, sen que ninguén traballe para rematalas”, lamenta Xurxo Couto. Os traballos en cuestións consisten en adecentar os xogos infantís e de exercicios de maiores, ademais de rematar a calzada e reordenar o tráfico con nova sinalización.

Cambio de nome ao campo de fútbol

O BNG local apoia a iniciativa popular para que o campo de fútbol Ponte dos Brozos pase a chamarse Campo de Fútbol Municipal Arsenio Iglesias. Por elo, e para que a proposta poida transformarse nunha realidade, os nacionalistas teñen a intención de presentar a mesma no próximo pleno da corporación.

Actuación nun parque infantil de Pastoriza