Unanimidade para optar a novas axudas a movilidade

O alcalde arteixán alerta que a nova normativa do Goberno para a concesión dos 1.500 millóns de axudas a movilidade discrimina a moitos concellos galegos
pleno ordinario junio Concello de Arteixo
photo_camera Fachada actual del Concello de Arteixo. Los plenos se realizan de forma telemática por las medidas de seguridad sanitaria

O pleno de Arteixo aproba a moción de pedir o ministerio de Transporte que permita optar as novas axudas a movilidad os concellos galegos de entre 20.000 e 50.000 habitantes

Carlos Calvelo impulsou a aprobación hoxe no pleno municipal de Arteixo por unanimidade dunha moción que tenta impedir a perda de cuantiosas axudas do Ministerio de Transportes por parte dos concellos galegos que teñen entre 20.000 e 50.000 habitantes. Calvelo levará a mesma moción a Diputación da Coruña e a Fegamp.

O alcalde arteixán quere alertar así de que a normativa para a concesión dos 1.500 millóns de axudas a movilidade para concellos que acaba de presentar o Ministerio de Transportes discrimina a moitos concellos galegos como Arteixo, Ames, Ribeira ou Carballo. Na normativa destas subvencións é obrigatorio ter para conseguir as subvencións máis de 36.000 unidades catastrales rexistradas. Una esixencia que non cumpliría ningún concello galego de entre 20.000 e 50.000 habitantes. Adxuntamos a moción en documento pdf.

Arteixo Innovación

O goberno local tamén aprobou no pleno municipal  a convocatoria para as subvencións do programa Arteixo Innovación. Son once os  centros educativos do concello, que están accedendo así as axudas que se conceden. Os centros educativos poderán desenrolar a través deste programa diferentes proxectos relacionados coas tecnoloxías da información durante o curso escolar. Dito programa, impulsa proxectos tecnolóxicos nos centros educatiovos do concello. Así poden investir no suministro de material tecnolóxico, servizos de mantemento ou configuración do equipamento tecnolóxico e gastos de licenzas de programas ou apps específicas.

Dous millónes de euros

Tamén aprobou un modificado de crédito de dous millóns de euros para acometer varias inversións como o asfaltado da carretera de Santa Leocadia, obas de accesibilidade e de novas zonas verdes no barrio de Sol y Mar e a reforma da rectoral de Loureda para convertila nun centro sociocultural. Así mesmo, aprobou as exproiacións de terrenos necesarias para renovar un tramo das tuberías da impulsión de auga o depósito de Pastoriza e para outra obra de abastecemento en Uxes.