Veciños de Loureda e Meicende reúnense co Bng local

Trátase de reunións abertas coa veciñanza de Loureda e Meicende para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e solicitudes
Loureda es una de las 13 parroquias de Arteixo
photo_camera No percorrido do Bng polo concello visita Loureda e Meicende o 14 e 17

A próxima semana os nacionalistas continúan cos encontros veciñais en Loureda e Meicende

O Bng de Arteixo marca as dúas seguintes citas coa veciñanza de Loureda e Meicende. As datas son:

  • Luns 14 de marzo (20 horas) - Centro Social do Foxo (Loureda)
  • Xoves 17 de marzo (20:00 horas) - Centro Social de Meicende

Lembramos que os nacionalistas locais comezaron a finais de 2021 a celebrar diversos encontros parroquiais por Arteixo. Trátase de reunións abertas coa veciñanza de cada lugar para coñecer de primeira man as súas inquedanzas. Tamén, para compartir solicitudes de mellora e reflexionar sobre as necesidades de todos.