O presidente de Galicia visita ás zonas afectada polos incendios

Galicia está despregado o operativo de loita contra incendios na súa totalidade formado por 7.000 efectivos, 380 motobombas, tractores e medios aéreos
Alfonso Rueda visita zona de incendios en Galicia
photo_camera O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, achégase ao posto de mando avanzado desde o que se xestionan os incendios rexistrados na provincia. A Pobra de Brollón (Lugo), 18/07/22

Alfonso Rueda achegouse ás áreas dos incendios rexistrados nas provincias de Lugo e Ourense

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu que o Goberno galego traballa con todos os efectivos e medios dispoñibles para controlar os incendios. Onte achegouse ás zonas afectadas polos lumes rexistrados nas provincias de Lugo e Ourense. Alí visitó o posto de mando avanzado da Pobra de Brollón desde o que se xestionan os lumes, acompañou os veciños desaloxados en Triacastela e coñeceu in situ as zonas afectadas en Folgoso do Caurel. Tamén tiña previsto achegarse ao posto de mando avanzado do Barco de Valdeorras.

O mandatario galego confirmou que os lumes están relacionados cun fenómeno “inusual” de tormentas e lóstregos. Iso dió lugar á aparición de máis de 50 incendios instantáneos a partir do xoves. Ademais, o vento complicou a situación incluso naquelas zonas que xa estaban contornadas.

Medios disponibles

Están operativos na zona 400 efectivos con 50 motobombas así como as tres grandes cisternas da Axencia Galega de Emerxencias. É a primeira vez que se activan xuntas. “A prioridade é extinguir os incendios e avaliar os danos”, dixo o presidente autonómico. Indicou tamén que será despois cando se cuantifiquen as axudas que poidan recibir os damnificados porque é primordial garantir a seguridade dos residentes nas zonas afectadas. Así mesmo, pediu comprensión mentres os medios traballan para que os danos sexan os menos posibles.

Rueda agradeceu á Unidade Militar de Emerxencias e aos corpos de seguridade do Estado a súa colaboración. Tamén, aos medios da Xunta que levan días traballando arreo para controlalos.

En Galicia está despregado e operativo o dispositivo de loita contra incendios na súa totalidade. Está formado por uns 7.000 efectivos, preto de 380 motobombas, tractores e pas, así como unha trintena de medios aéreos, achegados tanto pola Xunta como polo Estado. Todos eles coordinados baixo o mando único do Goberno galego. A este dispositivo hai que sumarlle a Rede de videovixilancia con 148 cámaras que cobren arredor do 70% da superficie galega e drons que poden ver matrículas de vehículos nas pistas.

Prudencia

Ante a climatoloxía actual, a Xunta apela á prudencia e á concienciación cidadá para evitar actividades que puideran favorecer o rexistro de lumes. Lembra que están totalmente prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais. E no caso dos traballos agrícolas, pide prudencia na realización de labores para evitar que salten faíscas.

Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Más en Arteixo