O Bng de Arteixo presenta hoxe unha candidatura para lograr “o concello co que soñamos”

“O que une a todas as persoas que formamos parte desta candidatura é a idea de un proxecto político para Arteixo que poña no centro á xente" di Xurxo Couto
Xurxo Couto presenta a candidatura eleccións municipais 2023
photo_camera O Bng Arteixo presenta hoxe a candidatura as eleccións municipais 2023

O evento público no Balneario de Arteixo servirá para dar a coñecer a súa lista para os comicios do 28 de maio e para presentar a candidatura do Bng da comarca coruñesa coa participación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero

O Bng de Arteixo conta cunha candidatura chea de “ilusión, experiencia e ganas de chegar ao goberno para lograr o concello co que soñamos”, afirma Xurxo Couto, candidato da formación nacionalista. A lista, que foi aprobada por unanimidade na asemblea local, conta con veciñas e veciños do municipio que proceden dun variado abanico profesional.

“O que nos une a todas as persoas que formamos parte desta candidatura é a idea de que queremos un proxecto político para Arteixo que poña no centro á xente, que é o máis importante da política local”, asegura Couto. “Un concello máis democrático, participativo e transparente, con servizos públicos de calidade”.

“Un concello cun urbanismo inclusivo, democrático, equilibrado e seguro, onde os espazos públicos sexan de calidade, accesíbeis, onde haxa verdadeiros centros de sociabilización e de convivencia para todas e todos”.

O Bng presentará as persoas integrantes da lista nun acto público que terá lugar hoxe venres, 28 de abril, ás 20.00 horas no Balneario. No evento estará presente o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, así como os candidatos do Bng na comarca coruñesa.

Lista do Bng Arteixo

  1. Xosé Xurxo Couto Rodríguez
  2. Raúl José Fernández Iglesias
  3. María Dolores Rega Nión
  4. Juan Carlos López Oliveira
  5. Sonia Gómez Castro
  6. Xoán Carlos Martínez Montes
  7. Lara Vieites Corredoira
  8. Juan José Anido Lista
  9. Verónica Rozamontes Suárez
  10. Jesús Alberto Abeleira García
  11. Tamara López Cotelo
  12. Javier Gabín Calvo
  13. María Dolores Castro Veira
  14. Ramón Vieites Vieites
  15. Marisa Gabriela López Schmidt
  16. Sergio Mañana Rodríguez
  17. Rosa María Gómez Amigo
  18. Carlos López Cotelo
  19. Paula María Gutiérrez Álvarez
  20. Xan Antón Sánchez Vázquez
  21. María Mato Seijas

Suplentes:

  1. Jesús Hermelo Sotelo
  2. María Belén Naya Montes

Candidatos do primer tramo da lista do Bng Arteixo (candidatura municipais 2023)

Más en Arteixo