Sanidade habilita dous teléfonos sobre o coronavirus

A consellería de Sanidade ven de habilitar o teléfono 902 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus na comunidade galega
coronavirus
photo_camera coronavirus

A consellería de Sanidade ven de habilitar o teléfono 902 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus.

Tamén está activo o 061 para consultas de ciudadáns con sintomatoloxía: febrero, tos, sensación de falta de aire… e que tivesen contacto con persoas en zonas de risco. A Dirección Xeral de Saúde Pública remarca que no caso de observar síntomas durante os 14 días seguintes deberase contactar co 061.

Segundo fontes da Consellería de Sanidade “ o sistema sanitario galego está preparado para facer fronte aos posibles casos de coronavirus”.

Así recomendan tamén buscar información sobre o coronavirus en fontes fiables de información.

Comisión

Interdepartamental para seguimento do coronavirus

Ademáis a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 e outras enfermidades emerxentes.

Neste contexto, o Executivo considera necesario poñer en marcha un órgano que facilite a coordinación e impulso das actuacións que se consideren precisas, máis aló do ámbito estritamente sanitario. Pois é importante que se minimice o impacto social e económico que poida causar a expansión destas novas enfermidades.

Por outra banda a Comisión estará adscrita á Consellería con competencias en materia de sanidade.

Neste sentido, trátase dun órgano de coordinación técnica e colaboración que se crea para garantir a necesaria coordinación nas accións administrativas e de gobernó.

A presidencia da comisión correspóndelle ao titular da Consellería de Sanidade, e o seu vicepresidente será o titular da Xerencia do Sergas. Forman parte da comisión as persoas con rango de secretario xeral ou director xeral designadas pola persoa titular da consellería competente nas materias de Interior e Xestión de Emerxencias; Administración local; Facenda; Economía; Comunicación; Educación; Deportes; Política Social; Turismo; e Saúde Pública.

Prevención e

limitación de contaxios de coronavirus

Os técnicos de Saúde Pública lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus, común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse; cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, debe evitarse tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Más en Salud y Medicina Hoy