Laureada actuación de nadadoras arteixáns no Campionato de Inverno

As deportistas destacaron no Campionato Galego de Inverno en Pontevedra con tres ouros e unha prata, dous ouros e dúas pratas, e dous bronces

O pasado fin de semana as nadadoras de Club Natación Arteixo (CNA) destacaron no Campionato Galego de Inverno en Pontevedra. Alba Gómez obtivo tres ouros e unha prata; Paula Otero dous ouros e dúas pratas; e Antía Gómez dous bronces. As nadadoras laureadas, foron parte dos momentos máis emocionantes para a grada do Arteixo. Alba Gómez nadou a final de 200 libre, proba na que bateu o Récord do Campionato cunha marca de 1.59.15. Ademáis, Antía Gómez, nadadora de categoría infantil, obtivo a MMG de 14 anos en 50 costas con 29.95 na primeira posta da remuda de 4x50 estilos.

Foron seis sesións intensas de competición que deixaron moi bos resultados en conxunto para este equipo absoluto do CNA. Destacou un feminino de prata, xa que as arteixanas foron subcampionas galegas en tódalas remudas do campionato, só superadas polo mellor equipo de Galicia, o Club Natación Galaico.

O Campionato contaba con sesións de eliminatorias e finais. Participaron un total de 7 nadadores e 7 nadadoras do Club arteixán, que tiveron presencia nun total de 22 finais. Acabaon cun total de quince medallas, dez individuais e cinco en remudas, e os seguintes postos por equipos: 18º masculino, 4º feminino e 9º conxunto.

Arteixo estivo presente en 3 finais masculinas, 19 femininas, tódalas remudas, e quince podios neste Campionato Absoluto. Grandes resultados para este equipo neste final de 2019, seguro que acadarán máis e mellores éxitos no 2020.

Más en Deportes