O CNA destaca en Ourense xunto aos seus deportistas
Dezanove nadadoras e nadadores participaron no Campionato Galego de verán en Ourense
Esta fin de semana foi moi intensa para o Club Natación Arteixo que participou en Ourense no Campionato Galego de verán de categorías junior e absoluto. Foi un gran traballo do grupo de dezanove deportistas que defenderon as cores do CNA. Deixan como resumen, un total de dezanove medallas, un trofeo ó mellor nadador do Campionato por táboa FINA de Mateo García, e dous destacados postos nas clasificacións, 2º feminino e 5º conxunto absolutos.
Celebrábanse dous campionatos no mesmo evento, o Campionato Junior, con seis deportistas que acadaron o 7º posto na clasificación conxunta, 5º na masculina e 15º na feminina. Destacamos nesta categoría a medalla de Bronce da remuda masculina de 4x100 libre, o 4º posto na de 4x100 estilos, e ós medallistas, Pablo Pose, bronce en 200 costas, e Mateo García, ouro en 200, 400, 800 e 1500 libre.
No Campionato Absoluto en Ourense participaron un total de quince nadadores e nadadoras. Ademáis, en tódalas remudas do campionato, nas que o equipo masculino acadou o 9º posto en 4x100 libre, 6º en 4x100 estilos e 8º nas de 4x200 libre, 4x50 estilos e 4x50 libre. No caso do equipo feminino, unha vez máis sorprenderon con un pleno de medallas, algunhas delas moi reñidas ata a última brazada. Foron ouro en 4x200 e 4x50 libre, prata en 4x50 e 4x100 estilos, e bronce en 4x100 libre.
Presencia arteixán nas finais
O equipo arteixán tivo presencia en numerosas finais, que se nadaban nas sesións da tarde e que lle daban un gran ambiente competitivo ó campionato. Os nadadores e nadadoras absolutos con medalla foron
- Mateo García, con 3 ouros en 400, 800 e 1500 libre
- Paula Otero foi ouro en 200 bolboreta e prata en 100 libre
- Miguel Ángel Gómez ouro en 200 braza
- Alba Gómez bronce en 100 bolboreta
- Ana Veiga bronce en 400 estilo
Mateo García e Paula Otero
Outro resultado destacado, foi o Trofeo Paula Carballido entregado a Mateo García Castro, de 17 anos ó final do evento, xa que foi o primeiro clasificado por táboa FINA pola marca acadada na proba de 400 libre.
A Paula Otero, recén chegada de Budapest, de participar no Campionato do Mundo, fixéronlle entrega tamén durante a competición do premio á mellor proba da Liga Galega de Clubs tamén por táboa FINA, o Trofeo Leopoldo Bremón. Paula foi merecedora deste premio pola marca no 400 estilos na Fase Final de Liga celebrada en maio en Carballo.
O Club Natación Arteixo brillou de novo neste campeonato. Ainda lle queda moito por decir de aquí a final de tempada, xa que falta o Galego Infantil e dous campionatos de España coa participación de cinco deportistas. Tamén, o Campionato de Europa Absoluto de Roma no que haberá presencia galega por parte da destacada nadadora del club, Paula Otero Fernández.