Campionato de España Absoluto de Natación
O Club Natación Arteixo estivo representado no campionato por Paula Otero e Miguel Ángel Gómez
Acaba de rematar o Campionato de Natación Absoluto de Inverno en Piscina de 25 metros, que se celebrou en Palma de Mallorca dende o xoves ata o domingo. O Club Natación Arteixo estivo representado por Paula Otero e Miguel Ángel Gómez, ambos de categoría absoluta moza.
Lucia Leiro Lois, directora deportiva do CNA explicou que "Paula participou nun total de seis probas, das cales foi finalista en cinco. Os postos máis salientables foron o 4º posto en 400 libre, proba na que conseguíu o seu mellor rexistro persoal nunha final que resultou moi reñida, e 6° en 800 libre. Ademáis acadou o 13º posto en 200 bolboreta, 15º en 200 libre e 200 estilos e 22° en 100 libre. Esta competición para Paula, recén chegada do Europeo de Kazán, era preparatoria para a tempada de competicións en piscina de 50 metros que comezará en primavera. Miguel Ángel Gómez, participou na proba de 200 braza, acadando o 22° posto, facendo a súa mellor marca persoal e realizando a mínima para asistir ó Campionato de España Open, que se celebrará en Málaga no mes de abril".