Bos resultados para o Club Natación Arteixo no campionato de verán
O Campionato Galego de Natación Infantil de verán constou de dúas xornadas, sábado e domingo, en sesión de mañán e tarde. Foi unha axenda bastante apretada, con tempo para competir en probas individuais e remudas. O nivel deportivo dos doce asistentes do CNA foi moi bo. Obtivéronse numerosas melloras nas marcas persoais e un total de seis medallas en probas individuais. Na clasificación conxunta lograron un 7º posto, 8º feminino e 9º masculino.
Dous nadadores foron os que ascederon ó pódium:
- Manuel Varela, prata en 100 e 200 costas e bronce en 200 estilos
- Eva Sánchez, ouro en 100 e 200 costas, e prata en 200 estilos. Engadir que esta nadadora asistirá ó Campionato de España en Logroño durante a última semana de xullo. Participará en catro probas para as que obtivo mínima durante as diversas competicións desta tempada.