O Club Natación Arteixo no Campionato de Europa de Augas Abertas

Esta fin de semana, dende o venres 29 ata o domingo 1, celébrase en Corfú (Grecia), o Campionato de Europa Junior de Augas Abertas.
Deportistas do Club Natación Arteixo.
photo_camera Deportistas do Club Natación Arteixo.

Esta fin de semana, dende o venres 29 ata o domingo 1, celébrase en Corfú (Grecia), o Campionato de Europa Junior de Augas Abertas, e o Club Natación Arteixo fará historia aportando dous nadadores, Mateo García e Paula Otero, para a remuda de 4x1250 metros da Selección Española. 

Esta remuda será o domingo como remate do evento, os outros integrantes do equipo serán Carlos Garach e Ángela Martínez. Mateo participará ademáis na proba de 10K que se celebra o sábado.  

Os deportistas do Arteixo cambian esta tempada de centros de adestramento, Paula estará este ano no CAR de Málaga e Mateo da o salto dende o club ó CGTD de Pontevedra. Ambos nadadores xa están en Corfú dende o mércores concentrados coa selección para preparar esta importante cita competitiva.

Poderase seguir as carreiras en directo e ver toda a información nos seguintes enlaces:

STREAMING

https://youtube.com/@LENEuropeanAquatics?si=HQM6uvI6Vhz4_vgD

INFORMACIÓN

https://len.microplustimingservices.com/corfu2023/index_mobile.php