O Club Natación Arteixo leva deportistas a Las Palmas
02 de agosto de 2021 (14:08 h.)
Os deportistas Alba Gómez, Paula Otero e Miguel Ángel Gómez do CNA, nadarán en nove probas en sesións eliminatorias polas mañáns e finais polas tardes
Deportistas do CNA participan desde mañá no Campionato de España Junior e Absoluto
O Club Natación Arteixo asiste con tres deportistas al Campionato de España Junior e Absoluto de verán. O evento durará dende mañá marte ata o sábado, con sesións eliminatorias polas mañáns e finais polas tardes. Realízase nas instalacións do Club Natación Metropole de Las Palmas de Gran Canarias. Os representantes do CNA nadarán un total de nove probas:
- Alba Gómez, de categoría absoluta nadará 50, 100, 200, 400 libre, e 200 estilos
- Paula Otero, de categoría junior participa en 400, 800, 1500 libre e 200 estilos
- Miguel Ángel Gómez, junior, participa na proba de 200 braza