Gran final de ano dos deportistas do CNA

Deportistas femeninas do Club Natación Arteixo en Santiago de Compostela
O equipo de deportistas, nadadores e nadadoras del Club Natación Arteixo, segue afianzando os seus éxitos entre os clubs da comarca

O equipo de deportistas de Arteixo segue afianzando os seus éxitos entre os clubs da comarca

Esta fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela a Copa de España de Natación por Clubes de 2ª División, na súa fase territorial e ata alí desplazáronse os deportistas de Arteixo. O CNA participou cos equipos masculino e feminino. Un total de 20 nadadoras e nadadores acudiron á cita con moi bos resultados para o equipo local xa que acadaron o 4º posto en ambas clasificacións.

"Este equipo segue afianzando a súa presencia e os seus éxitos entre os clubs da comarca", afirma Lucía Leiro do CNA. A día de hoxe lidera a 1ª División da Liga Galega e participa a vindeira fin de semana en Sabadell con dous nadadores e unha nadadora no Campionato de España de Inverno. Tamén, terá unha representante no Campionato do Mundo que comeza mañán en Melbourne. Paula Otero brillará de novo entre os máis grandes, levando a natación galega ata o máis alto.

O equipo masculino de deportistas do CNA Arteixo en Santiago de Compostela