III Torneo de inicio de Tempada do CB Arteixo

O sábado 23 de setembro celebrarase o III Torneo de inicio de Tempada do CB Arteixo, coa visita do Basquet Coruña.
Cartel CB Arteixo III Torneo inicio de tempada.
photo_camera Cartel CB Arteixo III Torneo inicio de tempada.

O sábado 23 de setembro, celebrarase o III Torneo de inicio de Tempada do CB Arteixo, nas categorías alevín e benxamín feminino, onde os equipos locais recibirán a visita do Basquet Coruña. O evento celebrarase no Pazo de Deportes de Arteixo desde as 10:30 da mañá. 3x3 do CB Arteixo Concello de Arteixo

Ademais, o domingo 24 de setembro, terá lugar o tradicional 3x3 do CB Arteixo Concello de Arteixo, que se celebrará no Pazo dos Deportes de Arteixo desde as 10.00h da mañá. O evento é de carácter non competitivo, onde o máis importante é gozar dunha mañá chea de baloncesto. Participarán xogadores e xogadoras de todas as categorías.

CB Arteixo Torneo 3x3 Septiembre.
CB Arteixo Torneo 3x3 Septiembre.


 

Más en Deportes