Actividades deportivas no local social de Oseiro
Os grupos ofertados en Oseiro están destinados a persoas maiores de idade
O Servizo Municipal de Deportes oferta novos grupos de Escolas Deportivas Municipais no local social de Oseiro. Os grupos ofertados están destinados a persoas maiores de idade nos seguintes horarios:
- Pilates: luns e mércores de 19.15 a 20.15 horas
- Ximnasia de Mantemento: martes e xoves de 19.15 a 20.15 horas
Desde o luns 25 de outubro ábrese o prazo para a solicitude de prazas. A asignación das mesmas será por orde de inscrición, con preferencia para as persoas empadroadas en Arteixo. A formalización da matrícula poderá realizarse exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes de xeito presencial en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas y con cita previa. Tamén, a través da dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online.