Ponteareas foi sede do Campionato Galego de Máster de Inverno
O pasado fin de semana celebrouse na Piscina de Álvaro Pino de Ponteareas, o Campionato Galego Máster de Inverno. O Club Natación Arteixo (CNA) tivo representación cun total de seis deportistas. Os arteixáns van recuperando a forza nesta categoría de veteráns que con tanta ilusión compiten cada vez que teñen ocasión. Lembramos que a situación de pandemia afectoulle de forma específica.
Nesta ocasión, o Campionato celebrouse en dúas xornadas, por cuestións de seguridade sanitaria e aforos. A primeira o sábado para os menores de 45 anos, e a segunda o domingo para maiores de 45. Acadaron as seguintes clasificacións por equipos:
- 16º posto na masculina
- 16º na feminina
- 19º na clasificación conxunta
13 medallas e records
Por otra parte, a nivel individual, este "pequeno gran equipo" como lle din os seus adestradores, acadou un total de trece medallas: catro ouros, tres pratas e seis bronces. Os nadadadores laureados foron Ramón Folch, Enriqueta Iglesias, Gloria Oreiro, Javier Mon e Diego Freire. Ademáis, o deportista Ramón Folch acadou o premio ó nadador masculino de máis idade. Así mesmo, estableu tres novos Récords Galegos na categoría de 85+, nas probas de 50 libre, 100 libre e 100 costas.