Cursos de natación en Pastoriza-Meicende
O Complexo Deportivo Municipal Pastoriza-Meicende publica a oferta de cursos de natación trimestrais.
Dicir que Complexo Deportivo Municipal Pastoriza-Meicende publica a oferta de cursos de natación trimestrais. Á incripcion pode realizarse no Complexo Deportivo desde o dia 30 de xaneiro ao 7 de febreiro de luns a venres en horario de 9:00h a 13:00h e de 17:00 a 21:00h.
Ademais os cursos terán unha duración trimestral. A data de inicio é o 15 de febreiro e a data de finalización é o 15 de maio.
Tamén e importante destacar que as prazas ofertadas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de que non existan prazas libres, procederase a abrir unha lista de agarda.
Entre outros requisitos, a inscrición é sempre para un curso ou actividade, datas, días e horario concreto, non podendo cambiarse o alumno de curso ou quenda unha vez rexistrado.
Por outro lado, a inscrición dunha persona menor de idade, en calquera actividade, implica a correspondente autorización paterna, tanto para a súa realización.
Listas de agarda
Aclarar que cada grupo de actividade terá a súa propia lista de agarda. Só inscribiranse en lista de agarda a aqueles alumnos que non teñan praza na súa propia actividade. Os alumnos/as da lista de agarda serán avisados polo Complexo Deportivo Municipal para a súa incorporación. Unha vez avisados deberán confirmar a súa incorporación e efectuar o correspondente abono da actividade no prazo de 24 horas desde o aviso. En caso contrario serán dados de baixa na Lista de Agarda sen máis trámite.
Tamén, se por algún motivo excepcional non se pode contactar por parte do Centro con algún usuario da lista de agarda, sería recomendable que todo aquel usuario incluído nestas listas pasarase as nosas oficinas no CDM, para ver en qué situación está con respecto á lista de agarda, xa que se é imposible contactar con el, ou unha vez avisado non confirma a súa inscrición, perderá a súa posición en dita lista. A partir do peche do prazo de inscrición da lista de agarda, quedarán ao dispor daqueles usuarios que non estean inscritos nas listas de agarda.
Máis información sobre pagos, prezos, descontos e documentación necesaria, ver AQUÍ