A nadadora Paula Otero representa a España no Europeo Absoluto a celebrarse en Kazán
A selección española constará con un total de seis chicas e cinco chicos, equipo do que Paula Otero Fernández é unha das compoñentes máis xóvenes. Onte a Real Federación Española de Natación publicou a convocatoria oficial do equipo seleccionado para asistir ó Campionato de Europa Absoluto en Piscina de 25 metros. Paula, do Club Natación Arteixo, estará xunto a deportistas de gran talla na natación española, coma Jesica Vall ou Lidón Muñoz.
O campionato celébrase en Kazán, Rusia, dende o 2 ata o 7 de novembro. Otero participará en catro probas individuais, 200, 400, 800 e 1500 libre. A selección española participará tamén nas remudas de 4x50 libre e 4x50 estilos mixtas.