Trial en Arteixo o 26 e 27 de febreiro
O concello acolle a primeira proba da Copa Galega de Trial Infantil e do Campionato Galego de Trial 2022
O Club Motomontañismo Arteixo, en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo, organiza durante os días 26 e 27 de febreiro a primeira proba da Copa Galega de Trial Infantil e do Campionato Galego de Trial 2022 en Arteixo.
Ambas competicións desenvolveranse na ladeira sur do Monte da Penouqueira. O paddock e as saída sitúanse na contorna de Rúa Pontevedra, Rúa Betanzos e Rúa Mondoñedo.
A proba da Copa Galega Infantil celebrarase o día 26 de febreiro e dará comezo as 10:30 horas coa saída do primeiro piloto. Finalizará ás 14:00 horas. coa entrega de trofeos. Estímase que participarán nesta proba un total de 15 pilotos, distribuídos nas categorías de Iniciación, Alevín e Xuvenil.
Pola súa parte, a proba do Campionato Galego celebrarase o día 27 de febreiro e dará comezo ás 9:45 horas coa saída do primeiro piloto e finalizará ás 16:00 horas. coa entrega de trofeos. Estímase que participarán nesta proba un total de 50 pilotos pertencentes ás categorías de TR1, TR2, TR3, TR4, TR5 e Clásicas y Féminas.