XXII carreira popular concello de Arteixo

O vindeiro mércores 1 de maio celebrarase a XXII Carreira Popular Concello de Arteixo. A proba está organizada polo Concello de Arteixo e conta coa colaboración de diversas entidades deportivas e empresas patrocinadoras. 

Trátase dun dos eventos deportivos máis multitudinarios da comarca. A XXII edición da carreira popular serve, un ano máis, para apoiar ás persoas con diversidade funcional que poden competir na proba, en categorías especiais

Os participantes enfrontarán unha distancia de 11.600 metros en categoría senior e superiores. O resto de categorías terán un percorrido acorde á súa idade. Cada quilómetro do trazado estará sinalizado e haberá avituallamientos no quilómetro 6 e á finalización da proba.

O prazo para formalizar a inscrición, totalmente gratuita, remata o próximo 25 de abril e só se pode tramitar a través da web https://carreirapopulararteixo.com/pages/web/portada

Como novidade, o sábado 27 de abril de 17.00 a 18.00 h haberá unha sesión práctica dirixida polo atleta olímpico D. Andrés Díaz que representou a España nos Xogos Olímpicos de 1996 e 2000 e gañou a medaia de bronce na proba de 1500 metros do Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta de 1999, ostentando aínda o actual record de Europa de 1.500 indoor con 3:33.32. É preciso unha inscrición previa para o acceso á actividade, enviando a ficha de inscrición ao mail [email protected] ou persoalmente no Servizo Municipal de Deportes ata o venres 26 de abril ás 14.00 h.

O mesmo mércores 1 de maio desde as 10.00 h haberá actividades complementarias gratuítas de dinamización (taller de iniciación ao atletismo, xogos populares...)