Os 13 alumnos matriculados no grao superior de Química Industrial do IES A Sardiñeira combinaron os seus estudos no centro con formación e traballo efectivo nas instalacións de Repsol durante os últimos dous anos. Este proxecto formativo é promovido por Repsol desde o 2013 xunto á colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Segundo apuntan dende a Refinería na Coruña, máis do 50% dos traballadores do Complexo Industrial titulados en estudos de Formación Profesional.
Os 13 alumnos participantes na segunda promoción do Ciclo FP Dual promovido por Repsol en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporáronse como traballadores de Repsol na Refinería da Coruña, tras completar o pasado mes de xullo a súa formación no grao superior de Química Industrial do IES A Sardiñeira, combinada con formación e traballo nas instalacións de Repsol, desde xaneiro de 2015.
Trátase da segunda promoción de FP Dual en Repsol, e segundo apuntan dende a Refinería, en ambas as dúas deuse unha inserción laboral do 100% á súa finalización. Neste mes de outubro, dará comezo a terceira promoción, en primeira instancia con formación no centro de estudos, para pasar o próximo 2018 a completala con prácticas no propio complexo Repsol da Coruña. En verbas de Repsol, A FP Dual supón, un beneficio engadido para os estudantes, unha oportunidade para as empresas, xa que desta forma, a compañía pode formar a futuros profesionais, dándolles coñecementos específicos axustados ás necesidades reais do sector en Galicia.
O alumnado estivo case 260 días no centro de formación e máis de 2.200 horas de aprendizaxe no Complexo. Ademais de recibir formación curricular, o alumnado traballa de forma remunerada na empresa. Representando máis dun 50% do total do tempo que dura o ciclo. Os alumnos e alumnas acceden así a formación complementaria á establecida co fin de reforzar a súa preparación e mellorar a súa empregabilidade.
Dende 1992, máis de 800 estudantes de distintas ramas realizaron prácticas nas instalacións de Repsol na Coruña. Isto é debido á colaboración de Repsol coa Xunta de Galicia para o impulso á FP, tanto para a impartición de cursos, como para a realización de prácticas. No no 2003 a Refinería impulsou a creación e o desenvolvemento do Ciclo Superior de Industrias de Proceso Químico. Este Ciclo impártese actualmente no Instituto A Sardiñeira na Coruña e ampliouse a dous anos de duración a partir de 2010, pasando a denominarse de Química Industrial. Os seus alumnos teñen a posibilidade de realizar as prácticas na Refinería e posteriormente, superando unhas probas de acceso, poden integrarse na bolsa de emprego.
Por último no 2011, creouse xunto a Fundación Repsol o Programa de Bolsas que continúa cada curso para alumnos de distintas especialidades técnicas de FP pertencentes aos concellos da nosa contorna (A Coruña e Arteixo). Estas bolsas son compatibles con outras outorgadas pola Administración e ademais posúen unha cota para persoas con capacidades diferentes, dentro do Plan Anual de actuación para a integración da Refinería de Repsol.