(PSOE ARTEIXO) O voceiro do Grupo Municipal Socialista en Arteixo, Martín Seco, reuniuse esta mañán co Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para preguntarlle pola posición do Ministerio de Fomento en relación coa proposta de convenio feita pola Xunta de Galicia e Concello de Arteixo en datas pasadas.
Dende o Goberno de España e o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE
de Arteixo recibimos con sorpresa unha iniciativa que non é novedosa, posto que
leva sendo a posición da unanimidade dos grupos políticos presentes no Concello
de Arteixo dende a presentación do Estudio Informativo polo Goberno de Mariano
Rajoy, do que a Xunta de Galicia nunca dera unha valoración positiva durante os
anos que o PP estaba instalado en Moncloa, resaltando que é curioso que esta
proposta saia a menos de 20 días das eleccións xerais e cando o Goberno do PSOE
estivo só 10 meses no goberno e agora está en funcións, debido ao propio bloque
do PP de Calvelo e Feijóo, e non ten capacidade de asinar ningún tipo de
convenio deste tipo. Tampouco é coñecida a posición da propietaria da concesión
que a Xunta de Galicia otorgou á AG55.
Por todo isto, esta proposta semella un anuncio
electoralista do PP de Feijóo, que quere aferrarse a algunha mensaxe electoral
despois dos seus 11 anos de nula xestión e os 7 de inactividade de Mariano
Rajoy, gobernos que castigaron ás comarcas de A Coruña, Bergantiños e a Costa
da Morte cunha peaxe nunha Autopista que fora planificada como Autovía libre de
peaxe.
Dende a Delegación do Goberno en Galicia, Javier Losada, transmitíronlle ao voceiro socialista, para que llo comunicara á Corporación Local de Arteixo, que aínda que a proposta semella unha cortiña de fume, no Ministerio de Fomento están dispostos a valorar e estudar a idoneidade da proposta realizada, se fan un plantexamento serio, equilibrado e ben documentado e xustificado no beneficio dos usuarios da nosa comarca.