Google está utilizando de forma errónea os topónimos de “Arteijo” e “Rosadoiro”
O concello aprobou en xunta de goberno o envío a Google dunha petición para que cambie os topónimos incorrectos de “Arteijo” e “Rosadoiro” polos oficiales de Arteixo e Rexedoiro (denominación do embalse situado no Polígono de Sabón). Esta iniciativa faise en colaboración cun grupo de estudantes do IES Manuel Murguía, que baixo a supervisión dunha docente do centro, Teresa Seara, e de dúas docentes e investigadoras da Universidade de Santiago, Gabriela Prego e Luz Zaz. levan a cabo un proxecto sobre a toponimias do concello dentro do programa municipal Arteixo Innovación. Esta solicitude a Google forma parte da investigación-participativa “GrafiTIC a nosa paisaxe lingüística. Graffiteamos o polígono”, no marco do proxecto I+D+I da Universidade de Santiago de Compostela: Superdiversidad lingüística en áreas periurbanas. Análisis escalar de procesos sociolingüísticos y desarrollo de la conciencia metalingüística en aulas multilingües .
Así, á parte do cambio Arteixo/Arteixo o servicio de normalización do concello tamén engadiu a petición dos estudantes o cambio Rexedoiro/Rosadoiro con estos argumentos:
1. Solicitarlle a Google que adopte a forma correcta para denominar este municipio substituíndo a forma incorrecta *Arteijo pola forma ARTEIXO.
2. Solicitarlle asemade, que revise outra toponimia que tamén figura de forma incorrecta na súa páxina como por exemplo Encoro do *Rosadoiro (incorrecta) por Encoro do REXEDOIRO (correcta).
3. Enviarlle a Google o PDF co Proxecto Toponimia de Galicia para facilitarlle as anteditas correccións, dado que nel figuran xeorreferenciadas as formas oficiais da macrotoponimia e da microtoponimia do Concello de Arteixo, aprobadas oficialmente pola Xunta de Galicia.