A pola V edición do Premio Empregados Públicos innovadores
A Xunta de Galicia convoca este certame para avanzar cara a unha administración máis adaptada á cidadanía.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar, o 25 de agosto, as bases e convocatoria da quinta edición do Premio Empregados/as Públicos/as Innovadores/as. Este premio está convocado pola Axencia Galega de Innovación dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
O obxectivo é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Administración pública galega para facela máis eficiente, moderna e innovadora. Tamén máis capaz de satisfacer mellor as necesidades da cidadanía.
Ao mesmo tempo, dáse impulso á Compra Pública de Innovación (CPI) na Xunta, que persegue consolidar Galicia como un referente no emprego desta fórmula que fomenta a innovación a través da contratación pública.
Bases do premio
S este certame podré presentarse todo o persoal funcionario e laboral ao servizo das seguintes entidades do sector público autonómico:
- a Administración Xeral da Comunidade Autónoma
- as entidades públicas instrumentais (organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais e consorcios autonómicos).
O certame consta de dúas categorías:
- identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro da Administración, na que se deberá identificar unha problemática nun servizo prestado á cidadanía e motivar a necesidade e interese da súa resolución;
- e proxecto coa temática máis innovadora xa realizado ou en curso, na que os participantes deberán describir o dito proxecto (proceso, puntos fundamentais e carácter innovador).
Os galardóns están dotados con 2000 euros para quen gañe individualmente e 3000 euros para quen gañe cunha candidatura grupal de ata 3 persoas.
O xurado terá en conta, na primeira categoría, o interese e relevancia do proxecto, o impacto sobre a contorna e efecto dinamizador, a posibilidade de levalo á práctica e a orixinalidade na presentación.
Pola súa parte, na segunda categoría, o comité valorará o grao de innovación e diferenciación da proposta, o seu impacto sobre o escenario actual, a calidade, capacidade e compromiso do equipo promotor, a súa replicabilidade e a orixinalidade na presentación do proxecto.
As candidaturas deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ata o 2 de outubro.