Reconversión do porto de Punta Langosteira
21 de septiembre de 2023 (12:50 h.)
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa directiva da Autoridade Portuaria da Coruña para avaliar o estado dos proxectos que están interesados en implantase no Porto Exterior da Coruña.
Xunta e Autoridade Portuaria apostan por facer do porto exterior de Punta Langosteira un porto do século XXI e convertelo nun hub de descarbonización, industrial e loxístico.
Para conseguilo estase avanzando na atracción de proxectos centrados en conseguir un porto autosuficiente, na produción de biocombustibles e de hidróxeno para uso industrial e mobilidade, no desenvolvemento da eólica mariña e na modernización e dixitalización de operacións. Iniciativas que terán impacto na xeración de emprego, a redución de emisións de CO2 e no impulso da transición ecolóxica.