Xunta e Autoridade Portuaria apostan por facer do porto exterior de Punta Langosteira un porto do século XXI e convertelo nun hub de descarbonización, industrial e loxístico.
Para conseguilo estase avanzando na atracción de proxectos centrados en conseguir un porto autosuficiente, na produción de biocombustibles e de hidróxeno para uso industrial e mobilidade, no desenvolvemento da eólica mariña e na modernización e dixitalización de operacións. Iniciativas que terán impacto na xeración de emprego, a redución de emisións de CO2 e no impulso da transición ecolóxica.