Traballos na glorieta elevada de Sabón

Imaxe satelite rotonda de Sabón
A Xunta de Galicia tamén avanza na execución de obras da ampliación e humanización da avenida da Deputación no polígono de Sabón

A actuación na glorieta de Sabón comenzou hoxe e terá unha duración de dúas semanas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou hoxe, xoves 19, traballos de conservación na glorieta elevada de Sabón, no concello de Arteixo. Inicialmente terá unha duración de dúas semanas. Céntrase no pintado das partes metálicas da citada glorieta, o que obrigará a cortes na circulación do tráfico.

Así, para evitar no posible o impacto dos traballos na circulación, as obras nos dous aneis da glorieta realizaranse en distintos tramos horarios e estarán debidamente sinalizadas. Na rotonda inferior, executaranse no horario que vai dende as 8:30 horas ás 21:30 horas, manténdose durante a xornada a circulación en certos carrís. A circulación manterase pola anel superior, que non estará afectada  polos traballos.

Logo, continuarán na rotonda superior, xa en horario nocturno, entre as 21:30 horas e ata as 6:30 horas. Neste horario quedará cortado o tráfico. A Xunta segue a traballar na mellora e conservación das infraestruturas da área da Coruña. Tamén avanza na execución de obras da ampliación e humanización da avenida da Deputación no polígono de Sabón. Esta actuación, que desdobra os carrís para gañar fluidez no tráfico, conta cun investimento autonómico de máis de 6,3 millones de euros e prevese o seu remate para o próximo verán.