Eliminan punto de vertidos de augas residuais en el concello de Arteixo
A Xunta de Galicia actúa nun punto de vertidos industriais ao Rego das Teixueiras
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou vertidos de augas residuais industrias ao rego das Teixueiras, no concello de Arteixo. Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos. O fixeron xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia na zona costeira da Coruña.
Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do foco nunhas instalación da zona. Tratábase dun punto de alivio non autorizado ao dominio público hidráulico, verificado mediante unha toma de mostra e posterior análise das augas residuais. Ante a deficiencia observada, requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese foco.
Nunha nova inspección xirada á zona con posterioridade, desde a Xunta corroboraron o cese do vertido tras executarse unha canle perimetral para a recollida de todas as augas residuais e o seu envío a un sistema de tratamento.