O venres 20 de maio entréganse os premios do 31º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
Reunido o xurado, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios. Por unanimidade os finalistas son as seguintes obras que figuran por orde alfabética:
- En directo, de Natalia Alonso Ramos
- O rubor da dignidade, de José Ignacio Silva Regueira
- Somos Adán e nada somos – Le temps, mon ami, le temps!, de Francisco Rozados Rivas
O acto celebrarase o próximo venres 20 de maio ás 20:30 no Centro Cívico do Concello de Arteixo. Alfredo J. Ferreiro Salgueiro, director literario do Certame de Narracións Breves, explica que, además, o evento incluirá unha lembranza a figura de Florencio Manuel Gurriarán, unha actuación musical e un viño de honra.
Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 euros e a edición da obra para o primeiro, 2000 euros e a edición da obra para o segundo e 1000 uros e a edición da obra para o terceiro.
O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes. Trátase do libro, editado para a ocasión, A garza en chamas, consistente na publicación dos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do Certame. Tamén, a actuación musical de Belém Tajes.
O evento incluirá ademais unha lembranza da figura de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Finalizado o acto, o Concello ofrecerá aos asistentes un viño de honra.