Novos casos de Covid-19: cinco

A boa nova do día é que de onte a hoxe só rexistráronse en Galicia 5 novos casos. Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública daconsellería de Sanidade...
Galicia suma cinco novos casos
photo_camera Galicia suma cinco novos casos

A boa nova do día é que de onte a hoxe só rexistráronse en Galicia 5 novos casos. Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública da
consellería de Sanidade informan que, na última actualización emitida hoxe 18 de abril, o número de casos activos de coronavirus ascende a 6.147; 5 novos casos de onte a hoxe venres 17 de abril.

Ademais deles 1.382 son da área da Coruña, 594 da de Lugo, 1.200 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 345 da de Ferrol.

Tamén desde a Dirección Xeral informan que do total de pacientes positivos que suma 5 novos casos, as cifras son:

  • 115 permanecen en UCI,
  • 598 están en unidades de hospitalización
  • 5.434 no domicilio.
  • rexistráronse 1.507 altas de pacientes
  • 430 falecementos.
  • eo número de PCR realizadas é de 60.25.


Por outra banda, segundo os datos de centros residenciais de servizos sociais os datos relativos a estes centros son: dos datos totales, dentro os vinculados a centros residenciais son: 1.012 usuarios; 424 profesionais; 96 en residencias; 88 en hospitais e residencias integradas. Estes casos supoñen o 4,1% do total das persoas residentes. Na xornada de onte produciuse un falecemento en centros residenciais. Este tivo lugar na residencia Sta. Teresa de Jornet (A Coruña).

Nova contratación de material de protección e de test

A Xunta de Galicia aprobou onte a aprobación dun investimento de 3,4 millóns de euros para a contratación, polo trámite de emerxencia, de diversos materiais de protección destinados a profesionais e pacientes. Tamén do test de detección do virus.

En concreto, o investimento supón unha compra de, entre outros: unhas 700.000 máscaras (entre cirúrxicas e respiratorias), uns 80.000 litros de desinfectante (entre o de mans e o de superficies) e 66.500 test rápidos de dobre banda.

Os grupos prioritarios siguen a ser ás persoas que están en contacto cos pacientes (xa sexa nos servizos de urxencias, como nas plantas hospitalarias e na UCI) e tamén ás persoas que están en contacto con positivos nas residencias da terceira idade e nos centros de discapacidade.