O
Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña destinará
durante 2019 un orzamento de 5,26 millóns de euros para apoiar ás
pequenas e medianas empresas da provincia na contratación de novos
traballadores e traballadoras e para apoiar aos emprendedore/as da
provincia no impulso ás iniciativas empresariais da recente
creación.
O
Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das liñas de
subvencións PEL-
PEMES
e PEL-EMPRENDE
2019.
Como
en anos anteriores, a liña PEL-PEMES,
cun orzamento de 3 millóns de euros para 2019, está destinada ás
pequenas e medianas empresas con domicilio fiscal en calquera dos 82
concellos de menos 20.000 habitantes da provincia e cubrirá o 75%
dos custes salariais totais de cada nova contratación, incluidas as
cotas á Seguridade Social, por un período mínimo de un ano. Como
máximo poderase contratar a unha persoa por empresa.
Este
programa inclúe unha liña de axudas ao mantemento do emprego, de
xeito que aquelas empresas que desexen manter en plantilla un ano
maís aos traballadores/as contratados ao abeiro do PEL do ano pasado
poden acceder a unha subvención do 50% do salario. En 2018, catro de
cada dez empresas que obtiveron axudas do PEL para a contratación de
persoal optaron por renovalas para seguir contando cos traballadores.
As
persoas a contratar deberán cumprir unha serie de requisitos, como
estar empadroadas en calquera dos municipios da provincia da Coruña,
estar en situación de desemprego e inscrita nos servizos públicos
de emprego, non ter mantido relación laboral coa empresa
beneficiaria da subvención nos meses anteriores ou non ter relación
de parentesco coa persoa empregadora.