A Xunta adxudica as obras de ampliación na travesía de Vilarrodís

A Xunta vén de adxudicar as obras de ampliación da calzada nun tramo da travesía de Vilarrodís, á altura do polígono de Sabón, no Concello de Arteixo, por un investimento de preto de 885.000 euros.

Estes traballos

serán levados a cabo pola empresa Arias Infraestruturas S.A e contan cun prazo

de execución duns 6 meses.

A actuación ten por obxecto a ampliación da

calzada na estrada autonómica AC-552, no treito entre os puntos

quilométricos 9+000 e 9+650, situado á altura do Polígono de Sabón.

A actuación iniciase no punto quilométrico

8+850, antes da intersección coa rúa Teresa de Calcuta, e finaliza no

9+760, na intersección coa rúa Reconquista, antes da glorieta

coa Avenida da Ponte. Os traballos consistirán na ampliación da

plataforma da vía pola súa marxe dereita para dotar á estrada en sentido

Fisterra dun segundo carril mais a correspondente beiravía ou zona de

aparcamento.

Para mellorar a seguridade viaria e a fluidez

do tráfico na intersección coa travesía da Groufa proxéctase nese cruce unha

glorieta que terá un diámetro exterior 36 m.

A obra compleméntase coa instalación dos

elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada, de muros para

contención de terras e reducir a ocupación nas parcelas colindantes e

co traslado e acondicionamento das dúas paradas de bus existentes,

executando unha beirarrúa desde os puntos nos que se sitúan ata os

pasos de peóns máis próximos.

Esta nova

actuación enmárcase dentro das actuacións do Goberno galego a prol da

mellora da seguridade viaria, que redundan na mellora da

calidade de vida da cidadanía.