Dende o 7 de setembro xa están as bases do IX Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero.
O premio ten como obxecto deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, así como a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.
Poderán presentarse centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria.
O prazo remata ás 14h do 28 de outubro de 2022.