O vindeiro sábado 13 de maio ás 20:00 horas a formación convoca ao acto aberto a cidadanía
Podemos Arteixo inicia a campaña electoral con seu primeiro acto aberto á cidadanía. Será o vindeiro sábado 13 de maio ás 20:00 horas no Centro Social de Uxes. “A nosa intención é presentar o noso programa de clara tendencia social, dun xeito cercano e dinámico. Exporemos os puntos máis importantes e seguiremos a escoitar á xente, como fixemos ata o de agora”, explica o candidato Xosé Lois García.